Tuesday 14 de May de 2024

O mago Linaje ofrecerá mañá mércores en Oroso o seu espectáculo “A maxia do Nadal”


O centro cultural de Sigüeiro acollerá mañá mércores 28 de decembro, ás 18:00 horas, o espectáculo “A maxia do Nadal”, do Mago Linaje. Unha actuación dirixido a un público infantil e familiar cuxa entrada será totalmente libre e de balde. “A maxia do Nadal” é un espectáculo onde os protagonistas serán os nenos e nenas, que poderán gozar de efectos moi visuais e coloridos, debuxos máxicos, panos, cordas e un longo etcétera que farán as delicias de pequenos e maiores.